O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA VISITA O PORTO DE CEDEIRA.

O pásado día 9 de maio o Presidente de Portos de Galicia Vicente Irisarri visitou as instalacións do Porto de Cedeira, a visita comenzou na Casa do Pescador, edificio emblemático, orgullo dun pobo, feito e mantido co esforzo dos mariñeiros da vila durante varias xeracións , onde se situan as oficiñas administrativas da Confraría ademáis de diversos locais de usos múltiples todos eles o servicio dos habitantes de Cedeira, dende oficiñas, aulas e locais de ocio ata almacéns, este edificio repartido en 3 plantas desperta admiración en calqueira visitante do pobo, cunha sobervias vistas sobre a ría, amplitude de espacios e confort de instalacións, o Presidente quedou enormemente sorprendido da presencia deste inmoble que non se pode comparar cas instalacións de calqueira outra Confraría de Galicia.
Aquí tivo lugar a reunión de Irisarri con representantes da Confraría e da Consellería de Pesca para inciar unha posta en común acerca do futuro máis inmediato do porto de Cedeira, cunha serie de actuacións que serán consensuadas entre todos os sectores implicados.
Respecto as obras de construcción do porto deportivo que é evidente que vai traer certos trastornos á comunidade perqueira e marisqueira, Irisarri comprometeuse a non iniciar as obras sen antes estar concluidos tanto a nova rampa, xa que a situada actualmente no muelle vello vai desaparecer, coma a colocacións dos pantaláns de atraque diante dos almacéns de armadores.
Seguidamente se continuou a visita pola zona que ocupará o futuro Porto Deportivo, para rematar nas instalacións do Porto pesqueiro e a Lonxa, onde unha vez máis se constatou a necesidade da construcción dunha nova lonxa, moderna ,amplia e dotada das instalacións que corresponden a un porto que factura máis de 1.300 millóns de pesetas en pesca de baixura.


