Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

22 Julio 2006

Pesca decomisou case 800 quilos de marisco este ano

O furtivismo segue a ser un dos principais problemas que afecta ó sector marisqueiro da ría ferrolá. Pese a que o número de actuacións contra o furtivismo medrou considerablemente con respecto ó ano anterior, pola contra a cantidade de marisco decomisado e as actas de infracción levantadas descenderon.

REDACCIÓN FERROL

O balance de actuacións do Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos durante o primeiro semestre do ano pechouse con máis de medio milleiro de intervencións a cargo da Unidade Operativa de Ferrol, unhas 170 máis das realizadas durante o mesmo período de 2005. Dun total de 528 actuacións, unha quinta parte delas, 115, remataron co levantamento de actas de infracción.

En plena crise do sector marisqueiro local, a acción dos ilegais é un factor máis que agrava a situación e unha das causas que a provocan, segundo denunciaron en reiteradas ocasións as confrarías da zona. Sen embargo, a cantidade de marisco ilegal incautada ­moitas veces grazas á colaboración dos vixiantes e mariscadores dos propios pósitos­ sufriu un significativo descenso respecto do exercicio anterior xa que dos 2.656 quilos de productos do mar decomisados pasouse a só 812. A metade deles foi de ameixa babosa (412), e en menor cantidade tamén se interceptaron ameixa fina (64 quilos), vieira (40) e berberecho (30). Outros 230 quilos máis están incluídos no capítulo doutras especies marisqueiras , ós que hai que engadir 36 máis de peixe.

Así mesmo, o servizo da vixiancia da Xunta requisou case un centenar de artes e aparellos de pesca, pouco máis dun terzo dos intervidos entre xaneiro e xuño do ano pasado. Entre eles destacan unha ducia de aparellos de enmalle, 24 nasas, 25 sachos, 6 raños e ganchas, 13 capachos, 13 buzos e un traxe de neopreno.

www.diariodeferrol.com

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera