«O que ven traballar un día con nós acaba dicindo que os percebes son baratos»
(Lugar: m.h. | ferrol)
Hai dous anos, e tras varios intentos frustrados, os case cen percebeiros de Cedeira non tiñan agrupación de seu. Xurdiu entón una nova directiva e o colectivo botou a andar de novo. Serxio Ces, un músico metido a percebeiro ou viceversa, tomou as rendas da agrupación. E ata hoxe mesmo.
-¿Como é iso de dirixir percebeiros?
-É un sector complicado, onde as costumes son tan históricas que fan leis, pero eu estou moi contento. Había quen non lle daba catro meses de vida a agrupación e xa ves, levamos un ano e medio ou máis. As cousas van ben, entre outras, porque temos moito apoio da confraría.
-E as cousas van ben para o sector, tamén, polo importante incremento de ventas no que vai de ano, ¿ou non?...
-Si, pero non foi un ano positivo só polas vendas: foi moi importante conseguir que agora podamos traballar totalmente legais por terra cando hai mal tempo e é perigoso sair por mar. Antes... aínda que se facía dende sempre, non era completamente legal.
-¿E iso mellora a seguridade?
-Claro que si, o realmente perigoso é ter que saltar da lancha á pedra cando hai mal tempo... é un gran paso que neses días se poida ir por terra aos percebes. Neste traballo esas cousas son as que dan seguridade, non que nos traian uns chaleques salvavidas cos que é imposible que nós poidamos traballar.
-É que non debe ser fácil adaptar as políticas de seguridade a un oficio tan... ¿Duro?
-Claro que non. É algo duro, bonito, pero duro. Con moito risco e de moito traballo.
-Supoño que só cunha anécdota de percebeiro se lle pecha a boca a quen dí que os percebes son moi caros....
-Pois si, eu podo dicir que o que ven un día traballar con nós acaba diciendo que os percebes son baratos. Pode vir calquera e comprobalo: xa verá que os percebes non son nada caros.
-Ademáis, a quen non lle chegue para mercar un quilo, que vaia a festa e probe unha ración....
-Claro, non sei a que prezo estarán, pero seguro que son asequibles, prezos populares. Que veñan todos.
Link:www.lavozdegalicia.es


