Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

18 Agosto 2006

Pesca adica 3M€ á vixía dos bancos marisqueiros para mellorar a explotación

Comentarios:0 I Opinar I Enviar noticia I Imprimir
>Volver<

Pesca adica 3M€ á vixía dos bancos marisqueiros para mellorar a explotación
Pesca investirá máis de 3 millóns de euros para a vixiar os bancos marisqueiros e mellorar a explotación dos recursos mariños

A Consellería aprobou máis dun cento de actuacións presentadas polo sector neste eido ao amparo da Orde de axudas para proxectos colectivos de xestión integral

(jueves 17 de agosto de 2006)

XORNAL I A Coruña.- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos destinará 3.015.691,12 euros a aumentar a vixilancia dos bancos marisqueiros e mellorar a explotación dos recursos mariños nas rías galegas. Con este fin, o departamento que dirixe Carmen Gallego vén de darlle o visto bo a 105 actuacións presentadas polas confrarías de pescadores, agrupacións de mariscadores e outras organizacións do sector ao amparo da Orde de axudas para proxectos colectivos de xestión integral, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a principios de ano.

Para levar a cabo estas accións a Consellería financiará a 234 persoas, entre técnicos e biólogos, que se encargarán de vixiar e controlar os bancos naturais e asesorar aos traballadores do mar na xestión e o aproveitamento dos recursos pesqueiros. O obxectivo é acadar unha explotación sostible, conseguindo rendabilizar ao máximo a produción das rías galegas.

VIXILANCIA.- A Xunta destinará ás labores de vixilancia máis de dous millóns de euros, cos que se contratarán 185 efectivos que estarán repartidos polas confrarías e organizacións sectoriais das tres provincias costeiras: 82 deles en A Coruña, 86 en Pontevedra e por último 17 persoas en Lugo. Neste sentido, a delegación de Pesca na cidade herculina aprobou un total de 28 actuacións, ás que se destinará máis de 850.000 euros. Pola súa parte, a delegación territorial de Pontevedra deulle viabilidade a 18 solicitudes para vixilancia dotadas con máis de 940.000 euros. En Lugo, sen embargo, foron aprobadas nove actuacións cun orzamento próximo aos 200.000 euros.

ASISTENCIAS TÉCNICAS.- Por outra banda, as iniciativas aprobadas pola Consellería de Pesca para controlar e xestionar os recursos mariños inclúen a contratación de 49 técnicos e biólogos, que se encargarán de facer o seguemento dos bancos marisqueiros para mellorar a súa explotación. Son as denominadas asistencias técnicas, nas que o Goberno da Xunta investirá máis de 960.000 euros. Desglosado por zonas, a provincia de A Coruña é a que conta con máis, un total de 24, o que supón unha inversión superior aos 460.000 euros. No caso de Pontevedra, aprobáronse 17 asistencias técnicas, aos que se destinará un orzamento que se aproxima aos 350.000 euros. Finalmente, a delegación territorial de Lugo deulle ao visto bo a oito solicitudes cun presuposto de máis de 160.000 euros.

Estas axudas, que veñen de ser concedidas pola Consellería de Pesca, forman parte das numerosas solicitudes de inversión que presentou o sector da baixura ao amparo da Orde de proxectos colectivos en materias como a comercialiciación, a rexeneración, a formación ou o turismo mariñeiro.

http://www.xornal.com/

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera