Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

1 Octubre 2006

Ás xentes do mar da Mariña-Ortegal

(Firma: | XAIME CANCIO RODRÍGUEZ |)

QUERO empezar felicitando ó compañeiro e veciño José Ramón Val, polo seu nomeamento como delegado de Pesca.

É ben certo que estes días pasados foron para min uns días de galerna, onde houbo quen quixo confundir o remitir con transparencia e polo rexistro currículos chegados á Delegación con cartas de recomendación, pero os adultos sabemos que éstas non circulan polo rexistro. Seguro que tiralas á papeleira sería máis fácil.

Eu son dos que considero que a política é como unha estrada de doble sentido, unhas veces toca ir e outras regresar, e o de dimitir ten que ser tan simple como aparcar en caso dun pinchazo para non xerar problemas á boa circulación.

Creo que non teño que pedir perdón, mesmo nin me teño que arrepentir. O meu erro non foi o de mandar uns documentos polo rexistro con transparencia, foi confiar en persoas que cambiaron as velas da tarta por dinamita no meu cumpreanos como delegado. Espero que alguén con poder de resolver investigue e lle poña nome e apelidos ás persoas que cometeron o maior delito, roubar uns papeis do rexistro.

Na miña etapa como delegado dediquei todo o meu tempo e o meu empeño a desenvolver a tarefa con honradez e lealtade ao cargo, aínda que persoas que gozan máis co mal alleo conseguiran, con moita premeditación, presentar aos ollos públicos unha imaxe distorsionada.

E hoxe sinto tristura por non poder seguir compartindo calendario cos bos profesionais e boa xente da consellería de Pesca. Sentinme honrado coa confianza depositada en min, non polo que o cargo representa, senón por todo o que puiden compartir cos homes e mulleres do mar. As notas de apoio e as múltiples chamadas transmitíronme que non o debín facer tan mal.

A nivel humano a experiencia foi extraordinaria. No eido político e profesional creo que teño motivos para sentirme orgulloso, pois en tan curto prazo de tempo cumprimos algúns dos compromisos que eu e as xentes do Partido Socialista prometeramos aos cidadáns.

Ó día de hoxe aínda sigo recibindo goteo de chamadas, de xentes e alcaldes de toda cor política, para expresarme o seu pesar e mostrarme a súa opinión dunha situación inxusta, algo que me enche de orgullo e ganas de seguir facendo o que mellor sei facer, e o que máis me gusta, traballar para millorar a vida dos cidadáns, algo no que é necesaria a colaboración de todos.

Así pois toca remar, co desexo de sorte e felicidade para as xentes do mar. Un saúdo de quen sempre tentou de ser o voso delegado, pero sobre todo o voso compañeiro de viaxe.

Link:www.lavozdegalicia.es

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera