Adega suscita las iras das confrarías tralas súas denuncias de prácticas ilegais na pesca

(la voz | redacción)
As denuncias realizadas onte pola agrupación ecoloxista Adega, que afirma que se realizan prácticas irresponsables e ilegais na pesca, provocou o malestar entre a Federación de Confrarías de Galicia que a través de seu secretario, Xan López, acusou aos integrantes de esta organización de non ter probas do que falan.
Adega afirma que a pesca de baixura galega sofre as consecu,encias da falta de control e planificación, o que está a incidir nas capturas. Os ecoloxistas inciden na utilización de aparellos de talla inferior á permitida e a superación do número e altura das mallas autorizadas como prácticas habituais e citan como fonte a armadores e mariñeiros que falaron con esta agrupación e ocultan a súa identidade por medo a represalias.
Adega tamén critica que algunhas confrarías propoñan a redución das tallas mínimas de peixe e o aumento das xornadas, o que provocaría, segundo as súas estimacións, un rápido esgotamento dos caladoiros e un derrubamento dos prezos.
As confrarías responden
«Só saben facer literatura de salón, é o único que conseguen é desprestixiar máis ao sector». Así avaliaba o secretario da Federación de Confrarías, Xan López as denuncias feitas polos ecoloxistas. El directivo dos pósitos galegos esixiu a Adega que presente probas reais dos feitos dos que falan e cualificounos de irresponsables. «Non se pode andar de francotirador pola vida e falar sen datos facendo acusacións abstractas».
O directivo dos pósitos galegos fai recomendacións aos ecoloxistas. «Sería mellor que estivesen preocupados da contaminación nas rías e de como afecta isto á produción marisqueira e non falar de temas que non coñecen e dos que non teñen probas».
López pensa que «Adega está insultando a este sector, que xa ten suficientes problemas».
Link:www.lavozdegalicia.es


