Publicidad:
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

17 Octubre 2006

Pesca di que o furtivismo non se frea pola pouca axuda do sector

Ferrolterra Sostén que a colaboración entre os pósitos é «baixa»

As confrarías retoman hoxe as reunións para abordar a crise do banco de As Pías

(Lugar: m.h. | ferrol)

Os mariscadores de Ferrolterra viven un momento de convulsión. Dende que o pasado mes a contaminación obrigou a baixar a catalogación do principal banco marisqueiro, o de As Pías, e, polo tanto, non se pode vender marisco fresco extraído nesta zona, as confrarías de Ferrol e Barallobre seguen sen atopar unha solución que lles permita sortear esta crise. Neste contexto de malestar do sector, o PP fixo onte públicas unhas declaracións da Consellería de Pesca que, se ben non están relacionadas coa actual crise do banco de As Pías, si lograron enrarecer máis as xa de por si tensas relacións entre as organizacións da ría (sobre todo a de Ferrol) co departamento de Carmen Gallego.

A situación é a seguinte. Tras preguntar o PP no Parlamento polas reclamacións da ría para que aumentase o control do furtivismo, dende a Consellería de Pesca contestouse, entre outras cousas, o seguinte: «A baixa colaboración entre as distintas organizacións da ría -referíndose, loxicamente, as confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos- dificulta a coordinación e a eficacia da actividade extractiva e de protección do recurso que estas mesmas entidades realizan».

As declaracións, aínda que o Partido Popular non as fixo públicas até agora, foron emitidas dende a Consellería de Pesca a finais de agosto.

Tras ser preguntadas por este asunto, onte, tanto desde Barallobre como desde Mugardos indicaron que «é raro que dende Pesca se diga iso porque aquí sempre se lle presta colaboración». En canto ás relacións entre os pósitos da ría, ninguén quixo facer declaracións aludindo a que «é un momento de crise no que hai que estar unidos».

Encontro esta tarde

Precisamente, os responsables dos tres pósitos teñen previsto celebrar hoxe una reunión para debater sobre as Pías e, posteriormente, levar a Pesca unha proposta común.

Link:www.lavozdegalicia.es

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de confrariacedeira

<img src="myfiles/confrariacedeira/Confrarialogo1.jpg"

ver perfil »
contacto »
contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera