Publicidad:
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

10 Noviembre 2006

Galicia despezou con axudas europeas un total de 341 pesqueiros nos últimos sete anos

(Firma: Juan Oliver | Lugar: correspondente | bruselas)

Galicia despezou 341 barcos pesqueiros nos últimos sete anos, segundo as cifras que onte presentou no Parlamento Europeo o secretario xeral da Consellería de Pesca, Miguel López Sieiro, quen presidiu unha mesa redonda sobre o despezamento de buques celebrada na Eurocámara con motivo do Terceiro Simposio sobre a Europa Marítima.

Segundo López Sieiro, a maioría dos pesqueiros despezados na comunidade, ao redor de 250, eran barcos de entre 12 e 25 metros. Unha trintena de naves superaban esa eslora, mentres que o resto dos despezamentos corresponden a pequenas embarcacións artesanais de menos de 12 metros. En total, segundo o secretario xeral, no período 2000-2006 investíronse nese capítulo máis de 55 millóns de euros con cargo ás subvencións do Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP).

Na mesa redonda que presidiu López Sieiro participaron expertos de varios ámbitos e nacionalidades que analizaron os problemas económicos, legais, laborais e ambientais que expón a crecente necesidade de despezar buques, especialmente os de gran calado, cuxo destino final, nun 90% e os casos, son os estaleiros da India, Paquistán e, especialmente, Bangladesh.

«De aquí ao 2015 máis de 2.500 petroleiros, barcos de guerra e buques fabricados con asbestos nos anos sesenta e setenta terminarán o seu período de vida», recordou Timo Mäkelä, director de Desenvolvemento Sostible da Dirección Xeral de Medio Ambiente da UE. Nese sentido, López Sieiro subliñou que a lexislación marítima está pondo ese tema de actualidade: «Estamos en plena época de despezamento dos buques monocasco», dixo.

Trátase da terceira ocasión na que a Eurocámara acolle estes simposios, o primeiro dos cales estivo dedicado á seguridade marítima; e o segundo, ao futuro dos portos. O eurodiputado francés Bernard Poignant propuxo que o seguinte se dedique aos mariñeiros, o que foi aceptado por todos os participantes, aínda que baixo a condición, sinalada pola galega Rosa Miguélez, de que o título do evento inclúa tamén expresamente ás mulleres do mar.

Link:www.lavozdegalicia.es

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de confrariacedeira

<img src="myfiles/confrariacedeira/Confrarialogo1.jpg"

ver perfil »
contacto »
contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera