«Nos están tomando a coña»

Bernardo Bastida, o patrón maior de Ferrol, xa anunciara o martes que non acudiría á reunión que convocara Pesca onte para debater acerca dos soldos dos mariscadores ao non estar de acordo co proceder da consellería. Sen embargo, onte á mediodía, cando tomou a palabra ante os socios da confraría de Ferrol nunha asemblea celebrada en A Gándara, Bastida quixo explicar ben claro por que non foi a Santiago.
«Tenéis que saber que esto no es un capricho... que esperamos varios días a que nos mandasen los sueldos y que no lo hicieron y queayer nos convocan a una reunión sin saber para qué... querían que fuésemos sin saber a qué atenernos». Non fixo falta que explicara moito máis. Nunha asemblea concurrida, os socios mostráronse dende o primeiro momento moi contrariados coa consellería e os berros de «nos están tomando de coña» ou «a esa gente no le importamos» foron continuos.
Ante a tensión existente, varias foron as veces nas que Bastida tivo que chamar á orde para continuar co seu discurso: «Cierto es que la conselleira, Mucha, me llamó hoy dos veces muy preocupada... pero cuando me hizo llegar el fax del plan de empleo.... Miradlo vosotros mismos: es mitad de un folio. ¿Os creéis que ahí puede decir algo importante?». Despois, Bastida procedeu a ler o citado «medio folio» e os berros xa non se deron calado no recinto. Os mariscadores calificaron a oferta de Pesca de «ridícula» e dánlle dous días á consellería para rectificar antes de «salir a la calle a por todas».
Barallobre di que non
En Fene celebraron tamén asemblea e decidiron que non aceptan os soldos de Pesca. Hoxe haberá unha reunión das dúas confrarías.


