Publicidad:
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

23 Noviembre 2006

Pesca ofrece aos mariscadores soldos moi por debaixo dos que eles pedían

Ferrolterra A nova positiva é que lles permiten alternar este salario coa actividade extractiva

Para decembro, a oferta é de 1.300 euros para cada barco a flote, cando se solicitaban 3.000.

(Firma: María Hermida | Lugar: ferrol)
Onte souberon a verdade. A Consellería de Pesca deu a coñecer os soldos fixos que lles ofrece aos mariscadores para sortear a crise de As Pías, un banco do que xa non se pode vender marisco en fresco ao estar contaminado. Aínda que Pesca falara dun plan de emprego ata o 2010, polo momento e á espera de novas reunións, só se ofrecen salarios fixos para os dous próximos meses.

Os soldos que ofrece Pesca son moito menores dos que pedían os mariscadores na proposta enviada á consellería. Así, ofértase un salario de 65 euros diarios tanto para mariscadores a flote como a pé. Se ben é certo que os de a flote pagaránselle como máximo vinte días ao mes mentres que para a pé só serán dez. E, con estas cantidades, as contas están claras: para as mariscadoras a pé, sumando os dous meses, ofrécense un máximo de 1.300 euros, e para os de a flote, nos dous meses, un máximo de 2.600. Sen embargo, o que pedía o sector eran 3.000 euros para todos os afectados no mes de decembro e outros 2.000 no de xaneiro.

A nova positiva é que se ofrece a oportunidade de alternar este traballo pagado (que consistirá en rexenerar os bancos) co marisqueo, sempre que non sexan ambos no mesmo día.

Link:www.lavozdegalicia.es

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de confrariacedeira

<img src="myfiles/confrariacedeira/Confrarialogo1.jpg"

ver perfil »
contacto »
contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera