O 66% dos barcos de pesca galegos concéntranse nas Rías Baixas
Foto:Xosé Cheda
(Lugar: la voz | redacción)
A maior parte dos barcos de pesca galegos teñen a súa base en portos das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo. Son o 66% do total dos buques que traballan habitualmente neste sector produtivo, segundo estatísticas oficiais da Xunta.
A maior parte dos pesqueiros censados en Galicia pertencen a chamada flota artesanal. Son 4.633, o que supón o 87% do total de embarcacións.
A ría de Vigo segue a ser o base da flota de grande altura desta comunidade, composta por 132 buques dedicados fundamentalmente á pesca para a a industria de conxelados. O 72% destes barcos teñen a súa base fundamentalmente nos portos de Vigo e Cangas.
Arousa é a ría, en cambio, que concentra o maior número de pesqueiros dedicados ao arrastre no Cantábrico noroeste, preto da cuarta parte dos cerqueiros, e o 50% dos que se dedican as artes menores, cun total de 2.084 barcos.
Na provincia de Lugo, segundo estes datos oficiais da Xunta, están a maior parte dos palangreiros de fondo, o 58% do total galego e tamén unha boa parte dos de superficie.
Os buques dedicados á arte do cerco atópanse distribuídos por toda a comunidade, o que a converte na flota máis repartida.
Link:www.lavozdegalicia.es


