Publicidad:
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

7 Diciembre 2006

Catro pescadores seguen sin aparecer na costa desde o 2000

Foto: Xosé Cheda

Cedeira Nos últimos seis anos rescatáronse oito cadáveres

Seis persoas saíron vivas en caídas acaecidas entre os cabo Prior e Ortegal.

(Lugar: f.f. | ferrol)

Catro pescadores permanecen desaparecidos despois de caer ao mar na costa comprendida entre os cabos Prior e Ortegal dende o ano 2000. O último é o cedeirés Manuel Lorenzo Pardo, que saíu a coller percebes o 23 de novembro e nunca máis se soubo del. As outras tres persoas pasoulles o mesmo: a primeira era un pescador que desapareceu en Valdoviño no 2000; o segundo, un percebelleiro que se perdeu ese mesmo ano en Campelo. A terceira desaparición aconteceu en marzo do 2003 en cabo Prior: era un pescador.

Os familiares doutras oito persoas tiveron o consolo de que aparecesen os seus cadáveres, que foron recuperados na mesma zona de litoral nos derradeiros seis anos, segundo datos facilitados pola Cruz Roja de Cedeira, que forma parte do dispositivo de emerxencia de Salvamento Marítimo, xunto coa salvamar Shaula, con base en Cariño.

Ademais, outros seis pescadores se viron en serios apuros na costa, pero lograron saír sans e salvos.

En total, dende o 2000, Cruz Roja de Cedeira participou no rescate de dezaoito persoas que caeron ao mar dende terra. Na súa maioría tratábase de pescadores e percebelleiros, algún mergullador e uns cantos afeccionados á pesca deportiva. Deles, doce faleceron e seis lograron sobrevivir.

Esta estatística inclúe unicamente os accidentes ocorridos na costa. Quedan fora dela os naufraxios -como o do barco Nueva Codorniz no 2000, no que faleceron dous mariñeiros- e os bañistas arrastrados polas correntes.

Link:www.lavozdegalicia.es

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de confrariacedeira

<img src="myfiles/confrariacedeira/Confrarialogo1.jpg"

ver perfil »
contacto »
contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera