O volume de lagostino e pescada en augas galegas caeu un 80% en vinte anos

Os informes científicos máis recentes dos que dispón a Comisión Europea estiman que nas costas galegas e do norte de Portugal quedan apenas 300 toneladas de lagostino, unha esa especie que adoita habitar en chans arenosos de entre 50 e 800 metros de profundidade, e cuxas capturas nesas augas teñen carácter accesoria ás mareas de pescada.
Segundo Bruxelas, o lagostino tiña un stock en Galicia dunhas 1.700 toneladas a finais da década dos oitenta, o que significa que a súa presenza no litoral da comunidade e do norte de Portugal reduciuse un 82% en apenas vinte anos. Para este exercicio, a Comisión propuxo unha redución do 10% no seu Tope Admisible de Capturas (TAC), igual que para a pescada dese mesmo caladoiro, cuxo stock está estimado en menos de 110.000 toneladas, moi por baixo das 350.000 onde os científicos sitúan o límite de seguridade. En 1988, o stock roldaba o medio millón de toneladas.
Outra proba da crise pola que atravesa esa pesqueira constitúena os datos de descargas das citadas especies, que, segundo Bruxelas, pasaron das preto de 35.000 toneladas de pescada, galo e lagostino descargadas en 1985 ás pouco máis de 20.000 do ano pasado.
Link:www.lavozdegalicia.es


