Femia de Ceratias holboelli, ou demo do mar , "peixe pescador das profundidades"

é unha femia de Ceratias holboelli, ou demo do mar (sea-devil). Tamén lles chaman "peixe pescador das profundidades" (Deep-sea anglerfish). Teñen una bioloxía moi sorprendente, froito do inhóspito hábitat ó que se adaptaron:
Estes peixes pertencen á un familia chamada "Ceratiidae", composta tan só por tres especies "irmáns" e unha "prima". Asimesmo, forman parte dun grupo superior, a "superfamilia" Ceratioidea, que veñen a ser os típicos peixes "monstruosos" de profundidade que aparecen nas películas de medo, e tamén nas de animación, como en "Buscando a Nemo" (fan de malos, claro).

A súa captura é moi infrecuente, xa que normalmente viven en grandes profundidades, entre augas, incluso a máis de 3000 m. Nese hábitat batipeláxico están a salvo das artes de pesca, pero de vez en cando algún pode subir demasiado e quedar prendido nos aparellos, como lle pasou a esta femia.
Os ollos son moi pequeniños, e apenas podemos verllos ó estar atrofiados, xa que onde viven a penas hai luz crespuscular, de forma que as funcións dos ollos redúcense a detecta-la luz que emiten outros seres desas profundides.
O Ceratias son tamén parentes lonxanos dos rapes. E como éstes, o primeiro radio da aleta dorsal está modificado para facer de caña de pescar. Pero nesta profundidades o cebo non se ve. Por elo, na punta de caña teñen bacterias que son bioluminiscentes. A luz que emiten atrae ás potenciais presas e cando están cerca, o Ceratias capturaias.

Neste hábitat a posibilidades de atopar comida son moi escasas, e por elo non pode permitirse o luxo de deixar pasar de largo unha apetitosa presa simplemente por ser moi grande. De aí o tamaño desproporcionado da boca desde animais.
E o mesmo sucede para atopar parella. Na inmensidade do océano é tan dificil "ligar" que cando un macho ve unha femia, enganchase a ela e nunca máis a solta. A femia pode ser hasta dez veces máis grande que o macho. Éste convértese en parásito e aliméntase da propia femia de por vida. E cando a femia madura e desova, o macho parásito fecunda os ovos. Sen dúbida, unha das estratexias de supervivencia máis dramáticas da natureza.
Información do Biologo Antonio Pérez Cribeiro (Acuarium Finisterrae) de A Coruña



otavio dijo
mui bueno post!
19 Noviembre 2008 | 03:21 AM