Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

20 Septiembre 2007

Verdegaia solicita a paralización inmediata do novo porto deportivo

A agrupación comarcal de Verdegaia (bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal) négase á construcción dun novo porto deportivo en Cedeira, debido ó impacto visual que éste ocasionaría na ría e no seu entorno. A instalación dun novo dique e dunha nova esplanada portuaria provocaría alteracións nas correntes da zona, o que traería consigo o aporte de áridos ás praias. Por outra banda, e sempre segundo a entidade ecoloxista, os restos arqueolóxicos que están no fondo mariño atoparíanse tamén nunha situación de risco. Ademais, a ría de Cedeira está actualmente en trámites de ser declarada como Reserva Mariña debido á súa grande riqueza en pescado e marisco.

NATALIA MOREIRA > FERROL

"O ecosistema veríase alterado enormemente con esta iniciativa, xa que poderían resultar afectados elementos vitais bentónicos da ría, necesarios para a supervivencia de diferentes especies mariñas de interese comercial e científico", segundo afirman dende Verdegaia.
Dende a entidade cuestionan a necesidade de crear estas instalacións, pero plantexan outras alternativas menos perxudiciais, como podería ser o aproveitamento das instalacións xa existentes para o amarre das embarcacións deportivas, debido a que o dique que xa existe permitiría a instalación de pantaláns flotantes.
Denuncia tamén Verdegaia que o Concello lle teña negado unha copia do Estudo de Impacto Ambiental do proxecto de referencia, tras telo solicitado por escrito o pasado tres de setembro. Isto impediulles analizar o proxecto.

Link: www.diariodeferrol.com

servido por confrariacedeira 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

veciño

veciño dijo

Non fai falla ser ningún erudito para se dar conta de que esa instalación tal e coma esta proxectada non é apropiada para esta ría e non estou dacordo con tal barbaridade. Ahora ben, con respecto ó que dí a Sra./srta. Natalia neste artigo con respecto á posible ubicación alternativa do suposto porto deportivo, unha de dúas; ou ben nunca estivo en Cedeira ou non ten nin a máis remota idea do que fala, xa que dicir que có dique que xa hai feito e colocando os pantalans xa estaría todo listo é o mesmo que dicir que con asfaltar de novo a Avd. de Castelao xa temos aeroporto.

20 Septiembre 2007 | 07:39 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera