Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

2 Octubre 2007

A SGHN incorpora ó seu museo un cráneo fósil dun cetáceo extraído en Cedeira

A SGHN recibiu un cráneo fósil dun cetáceo extraído do fondo mariño por pescadores de Cedeira. Segundo se desprende do exame preliminar feito pola entidade, trátase dunha especie de zifio coñecida como Choneziphius planirostris, especie que viviu por estas augas no período Mioceno, fai proximadamente vinte millóns de anos. REDACCIóN > FERROL


O exemplar corresponde a un cráneo en "excelente estado de conservación e de importante valor científico", sinalan desde a entidade, que o incorporará ós fondos expositivios do Museo da Natureza. É o segundo cráneo fósil entregado, en menos dun ano, por pescadores locais desta vila mariñeira.
Así mesmo, a Sociedade Galega de Historia Natural conta cunha nova especie, un Arroaz Boto que apareceu aboiando nas inmediacións do Cabo Prior e que pescadores de Covas levaron a o porto da Coba. Ata alí desprazáronse os membros da SGHN para identificar a especie, proceder á toma de biometrías e recoller mostras biolóxicas, xunto con membros da Cemma -Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños-.
Segundo se informou desde a entidade, o bo estado do animal permitiu a retirada da totalidade do seu cadáver para a obtención de moldes e restos óseos.
Trátase dunha femia de Arroaz Boto de 3,13 metros de lonxitude y a causa da súa morte relaciónase coa captura accidental, xa que presentaba marcas de redes polo corpo. No mesmo porto da Coba se lle practicou a necropsia e xa na SGHN elaboráronse os moldes do cadáver para unha futura recuperación do seu corpo, que formará parte da colección de maquetas que posúe na actualidade o Museo da Natureza.
Link: www.diariodeferrol.com

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera