Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

5 Noviembre 2007

«Se o sector pesqueiro quere seguir, ten que dar un paso adiante»

Entrevista | josé ramón val alonso delegado da consellería de pesca para a mariña e ortegal

O representante da Xunta propón explotar novos recursos e cambiar o actual modelo de relacións laborais para «converter a pesca nun traballo atractivo»

A piques de cumprir vintesete anos, José Ramón Val Alonso leva un á fronte da delegación da Consellería de Pesca para A Mariña e Ortegal. Un bo momento para facer balance e repasar a actualidade dun sector máis complexo que tratar de resumir nesta páxina case unha hora de conversa.

-¿Como lle describiría a quen non a coñeza a actividade pesqueira e marisqueira e o seu peso socioeconómico na Mariña e Ortegal?

-Con datos. No ámbito territorial da delegación hai preto de catrocentas embarcacións censadas, máis de duascentas mariscadoras e arredor de trescentos percebeiros. O sector extractivo xera máis de 2.000 empregos directos, unha cifra moi importante, ademais dos indirectos en transporte, comercialización, asteleiros.. Con esas cifras, a pesca é un dos motores económicos da Mariña e Ortegal.

-¿Que papel xoga a delegación de Pesca?

-Propúxenme achegar a administración ao sector, á xente, intentar que se lle perdera un pouquiño o medo e que conten con nós como un aliado. Tratar de facilitarlles o día a día á hora de resolver calquera trámite ou de apoialos en calquera proxecto ou idea que sirva para mellorar, para beneficiar ao sector.

-¿Coincide con quen opina que a pesca é un sector excesivamente subsidiado e que, como as empresas doutros ramos, debe acostumarse a manterse sen subvencións?

-Efectivamente, o sector ten que empezar a ser maior de idade, sobre todo porque dentro de pouco os fondos europeos van a diminuír enormemente e proxectos que agora son subvencionables, mañá non o van ser... Apoiar con fondos públicos si, pero aqueles proxectos que garantan que nun futuro as empresas van a ser rendibles por si soas. Por exemplo, o tema do gasóleo non se vai a estar subvencionando toda a vida.

-¿Pecharán empresas cando desaparezan as axudas?

-Non podemos vivir do que nos dea a Administración. Os armadores son os que hai, non vai haber incorporacións novas e ao mellor diminúe o número de barcos. Quedarán os que teñan feitos os deberes agora, os que colleron as subvencións e investiron dende unha óptica empresarial.

-¿Cales son as fortalezas e debilidades do sector pesqueiro da Mariña e Ortegal?

-Unha das principais fortalezas é que se soubo adaptar ás necesidades que impón o mercado: convertéronse en organizacións de produtores, centralizaron as vendas para acadar maior prezo... Outra vantaxe é que na pesca de altura contamos cunha flota altamente renovada, na baixura quizais non tanto, pero estase modernizando. As debilidades na Mariña céntranse principalmente no marisqueo, porque é unha zona cun potencial moi grande e non se está aproveitando. Ademais, hai unha serie de recursos, como a navalla, poliquetos, algas... para os que non se están a presentar plans de explotación. Non ver as novas opcións de traballo e de negocio é unha das debilidades porque eses recursos novos estanse a traballar noutras zonas, son rendibles e teñen posibilidades de negocio. O relevo xeracional tamén é un dos problemas, pero hai que converter a pesca nun sector atractivo, involucrar aos traballadores nas empresas...

-¿Fáltalle ao sector ese paso para adaptarse ao actual contexto socioeconómico?

-Sigue anclado un pouco no pasado e hai que decatarse de que a realidade social e económica cambiou, a xente de hoxe ten outras expectativas e, se o sector pesqueiro quere seguir, manterse aí, ten que dar un paso adiante. Algúns armadores xa se dan conta da necesidade de cambiar as relacións laborais e as condicións de traballo.
Link: www.lavozdegalicia.es

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera