Publicidad:
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

27 Octubre 2008

«O edificio actual está xa moi vello, xa cedeu o chan e precisa de máis capacidade»

AGUSTÍN PÉREZ | Patrón maior de Cedeira

O inicio das obras de construción da nave dos exportadores de peixe de Cedeira era agardado polo pósito local como auga de maio. O patrón maior da confraría, Agustín Pérez, recorda que «levábamos cerca de catro anos agardando. Xa era hora».

-¿Que vai supor para o porto contar cunha lonxa nova?

-Esta é unha antiga demanda que tiñamos dende o pósito cedeirés, e que lle trasladamos en reiteradas ocasións aos dirixentes autonómicos da Consellería de Pesca. Vainos permitir ter máis capacidade para subastar produto, e evitar que en tempos de moito traballo, sobre todo en verán, algúns barcos se teñan que marchar a outros portos da Coruña.

-Aínda que se descoñece o deseño final das instalacións. ¿Como será a nova rula?

-Aínda hai moitas cousas por definir. Pero o proxectado e falado coa conselleira era habilitar dous espazos diferenciados dentro da rula, un para o percebe, que está entre as especies que máis se subastan aquí en Cedeira, e outro para o peixe fresco. Sen embargo, será unha sala diáfana, sen divisións mediante paredes, para que se alguén está ao percebe e quere tamén pescada, por exemplo, non se perda a outra poxa.

-A nivel de novidades nos servizos da rula, ¿que melloras traerá o edificio?

-Todo vai ser máis moderno e funcional, o que nos permitirá introducir comodidades como por exemplo as cintas transportadoras. Aínda que de momento non coñecemos ao detalle a distribución que terá a rula.

-¿O actual centro de poxas acusa xa o paso dos anos?

-Non estou seguro de cando foi construída esta lonxa, pero debe ter polo menos máis de vinte anos. Está moi vella, e presenta moitas deficiencias, xa cedeu o chan, por exemplo. E fainos falla máis capacidade. Calculamos que para o ano 2010 poidan estar en marcha as novas instalacións, se todo vai ben.

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de confrariacedeira

<img src="myfiles/confrariacedeira/Confrarialogo1.jpg"

ver perfil »
contacto »
contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera