Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

11 Febrero 2009

A cifra de negocio das lonxas da zona cae por terceiro ano consecutivo

A facturación dos depósitos da comarca se estanca nos once millóns, fronte aos 15,7 do 2005 a situación do colectivo na cidade naval tras a dimisión dos seus órganos reitores.

 

A facturación conxunta dos oito depósitos das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e o Eume volveu a baixar por terceiro exercicio consecutivo. Segundo os datos oficiais proporcionados pola Consellería de Pesca, o volume de negocio logrado por Barallobre, Cariño , Cedeira, Espasante, Ferrol, Mugardos, O Barqueiro e Pontedeume durante o 2008 queda 11.175.184 euros, fronte aos 11.246.098 do 2007.

O descenso, aínda que moi leve, dá continuidade á caída que se foi rexistrando desde o 2005. Sempre segundo as mesmas fontes, nese exercicio sumáronse 15.725.909 euros. Noutras palabras, catro millóns e medio máis. O 2006 saldouse con 14,2 millóns.

E a nova baixada prodúcese a pesar de que, a nivel extractivo, o pasado ano foi algo mellor, xa que se comercializaron nas lonxas da comarca un total de 2.664.666 quilos de peixes e mariscos fronte aos 2.394.371 quilos do anterior.

Non incidiu esta circunstancia, no entanto, de xeito positivo na facturación por factores como o prezo medio das distintas especies e os descensos de capturas en produtos moi relevantes para o sector comarcal.

Os motivos

Os principais exemplos hai que buscalos en Cedeira e na ría de Ferrol. No primeiro dos casos, como xa publicou La Voz o pasado día 8, as capturas de percebe caeron un 40% durante o 2008. As inclemencias do tempo botaron por terra as expectativas de vendas destes profesionais tanto no verán como en Nadal, dous das épocas do ano máis produtivas nas que nesta ocasión, no entanto, apenas puideron saír a faenar, unha conxuntura na que continúan na actualidade.

A variedade de especies que se despachan na rula cedeirense permiten, no entanto, que as súas cifras globais sigan sendo as principais da zona, xa que sumou 7,3 millóns de euros.

O gran golpe aos números locais continúa producíndose na ría de Ferrol. ¿O motivo? A declaración dos seus bancos máis ricos de ameixa como zonas C e a imposibilidade de comercializala oito dos doce meses do ano fai cachizas as súas estatísticas. As cifras corroboran esta afirmación. No 2005 Ferrol e Barallobre venderon en conxunto por valor de 4,8 millóns de euros. O ano pasado apenas facturaron 1,5 millóns de euros.

Link: www.lavozdegalicia.es

 

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera