Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

11 Febrero 2009

Os armadores de baixura cifran nun 45% a perda de ingresos en xaneiro

O sector de pesca de baixura en Galicia reduciu a súa facturación en xaneiro nun 45%, respecto ó mesmo mes do ano anterior. Así o destaca o último informe elaborado pola Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega), que conta cunha trintena de socios na comarca de Ferrolterra.

Segundo os datos da entidade, as vendas no primeiro mes de 2009 teríanse reducido ata os 5,2 millóns de euros, fronte ós 9,4 millóns acadados en xaneiro de 2008. Ourizo, polbo, rodaballo e acedía acumulan as maiores perdas, de entre o 60 e o 70%.

A asociación achaca a situación á meteoroloxía adversa experimentada dende comezos de ano, que dificultou a pesca e viu sumarse ó descenso nos prezos causado pola crise económica. Ademais, o documento subliña que, de persistir o mal tempo, poderían verse amenazados recursos mariñeiros "moi importantes", a causa do descenso da salinidade nos estuarios das rías e nas desembocaduras dos ríos.

 

Moluscos > En particular, subliña o perigo para o marisqueo de bivalvos. Para este grupo de moluscos, o descenso de facturación en xaneiro situose entre o 30,5% da ameixa fina e o 44,3% da ameixa babosa.

Asoar-Armega xa alertara da perda de rendabilidade sufrida polo sector no último trimestre do ano pasado, que cifraba nun 20%, e que no caso dos moluscos caera ata un 25%. Ante esta situación, reclaman medidas urxentes de recuperación dos recursos, mecanismos para que os pescadores podan ter unha incidencia importante á hora de fixar os prezos de venda.

Link: www.diariodeferrol.com

 

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera