Publicidad:
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

11 Mayo 2009

Mollar ao fondo

ANTÓN LUACES Un vello conto de mariñeiros relata que, a bordo dunha dorna, dous mariñeiros ribeirenses -un vello veterano e un mozo que facía a súa primeira maré- aviaban para xantar no lombo dunha pedra da boca da ría de Arousa. Na pota, unha caldeirada. E na caldeirada, unha boa mistura de peixe, cebola, allo e patacas. O máis vello fai un sinal ao rapaz para que comece o rancho. O mozo molla un anaco de pan no contido da pota e o vello, con retranca, invita: "Molla ao fondo, rapás". Resposta: "Boh, é igual tío Sidro!". Segundo anaco de pan para pingar na caldeirada e a voz do vello, máis seria: "Digo que molles ao fondo, rapás!". A mesma resposta: "É igual, home, é igual!". O vello, que estaba anicado na pedra, érguese, dirixe a vista á illa de Sálvora, senta, e berra: "Molla ao fondo, carallo, que acabas co prebe tí só!".

Pois é, salvando as distancias, o que está a pasar no mar: todo deus vai ao prebe e o mar queda sen sustancia, é dicir, sen peixe. E hai probas: segundo o especialista en bioloxía mariña da Universidade de Dalhousie de Halifax (Canadá) as pesqueiras de hoxe poderían reducirse drasticamente desde os nosos días ata mediados de século. Estamos mollando o pan na tona da caldeirada, sen caer na conta de que o mar non pode repoñer cantas especies está a consumir o home. A xestión dos océanos xa non só é unha necesidade senón unha obriga ineludible se queremos que as próximas xeracións poidan seguir a contar con esa despensa marabillosa que son os distintos mares e océanos.

O antedito profesor non pretende ser alarmista e procura a "cohabitación" do home e o medio mariño nese camiño da irrenunciable xestión dos mares. Propón o paso dunha "visión local e fragmentada a un enfoque global por cada ecosistema, coa fin de preservar unha biodiversidade esencial para a supervivencia dos océanos... e do home".

Galicia é unha boa probeta para a esperimentación: as poboacións de peixe vanse reducindo e, ao tempo, hai especies que desaparecen ou están sumamente minguadas. Outras recuperaron algo grazas ao mal tempo e ás calamidades provocadas polo home. As capturas redúcense e dicimos que son cuestión de tipo cíclico. Pero o caso é que xa non se pesca coma antes malia a maior intensidade da pesca e o uso de mellores técnicas. Estaremos chegando ao límite da explotación?

Se a todo isto engadimos o dano que se causa ao mar por mor da contaminación (hai uns 20 anos, nunha reunión celebrada en Muxía con patróns e mariñeiros para falarmos do Corredor Marítimo de Fisterra, hoxe realidade, laiánbanse da escasa pesca e dicían que "capturaban" máis latas de pintura que peixe nas redes) teremos un panorama de inquedanza porque esa polución mariña está a facer que na zona litoral aparezan xa sinos evidentes da existenza de "zonas mortas" con floracións de algas planctónicas que, ao se descompoñer no fondo mariño, esgotan o osíxeno da auga e provocan a morte por asfixia dos animais mariños que habitan nesa zona.

Tal cal, e sen engadir un terceiro elemento: o quecemento climático que altera as comunidades planctónicas. Estas son a base da cadea alimentaria e afecta ás poboacións de peixes que se nutren delas, desequilibrando todo o ecosistema costeiro.

Para evitar seguir mollando o prebe da nosa caldeirada mariña, non queda outra que potenciar as zonas marítimas protexidas como xa se fixo con Lira e Cedeira, porque estas zonas son a pedra angular da xestión do ecosistema. Serven de refuxio a numerosas especies, preservan hábitats fráxiles e limitan o impacto dos erros de xestión cometidos noutros sitios, como recolle a Revista do Espazo Europeo da Investigación.

Rosa Quintana Carballo, a nova conselleira do Mar, é bióloga. Nas súas mans está, agora, acadar que se peche o plano da anterior conselleira, Carmen Gallego, de creación de novas reservas tanto en augas interiores como exteriores da comunidade galega. Así comezariamos a sentar as bases para a rexeneración do que todos contribuimos, dun ou doutro xeito, a desfacer: o mar e os seus habitantes.

Link: www.laopinioncoruna.es

 

 

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de confrariacedeira

<img src="myfiles/confrariacedeira/Confrarialogo1.jpg"

ver perfil »
contacto »
contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera