Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

13 Mayo 2009

O percebe en augas turbulentas (I)

FOTO: ANTONIO CRIBEIRO

No que vai de ano o sector percebeiro galego ven denunciando o preocupante estado deste recurso. Non hai percebe, dín. Nos medios estáse a especular sobre as causas mentres as Confrarías fan informes nos que piden axudas para paliar os perxuízos desta estraña abducción percebeira.

A análise do problema é certamente complexa, xa que non se cingue aos aspectos biolóxicos ou tecnolóxicos, senón que vése moi afectada pola realidade socioeconómica. Probablemente a crise actual teña bastante que ver, pero compre non perder de vista que este problema non é novo. Si damos unha volta pola hemeroteca atoparemos situacións semellantes desde os anos 70, cando xurdíu o raneo. Logo, nos oitenta, implántanse algunhas vedas de longa duración que amosaron máis contras que pros. Nos noventa entran en escea os plans de explotación e, con eles, a atomización da costa nun maremagnum de parcelas costeiras, nunha volta ao minifundismo medieval para gloria da conveniencia política de turno, delimitados sen ter en conta criterios técnicos, nen sociais, e moito menos económicos, cun proteccionismo ata o nivel local contradictorio coa nova economía que se defende, baseada en produccións unidas e fortes como vía sine qua non para chegar a ser un sector competitivo e rendible per se. Alleos a todo isto, o criterio base foi, sinxelamente, algo tan abstruso e feble como os ámbetos territoriais das diferentes confrarías.

Agora, de novo a solución é política, o que non ten porque significar nada a priori si as decisións políticas se cimentan nos criterios dos técnicos -por certo, sobradamente preparados no equipo da Consellería do Mar-.

Pero neste primeiro post percebeiro tan só quería prantexar un aspecto crucial.

¿Quérese afrontar realmente a problemática do sector?

A resposta, que semella obvia, non o é tanto. Primeiro, porque ao nivel extractivo hai moitos intereses en manter o totum revolutum percebeiro. Os grandes beneficiados son os furtivos "profesionais", principal lacra do sector, pero tamén os profesionais "furtivos", aqueles que estando "á lei", incumplen topes, días hábiles, ou puntos de venda, e piden máis vixilancia... para os demáis.

En menor medida atopamos aos furtivos "de segunda", aqueles que xeran un impacto no recurso inferior ao dos citados antes. Este grupo heteroxéneo abrangue xubilados, desempregados, pescadores non moi deportivos, algunha xente nova para facer un peso, ou víctimas da drogadicción e de sectores marxinais.

No seguinte nivel están os compradores de lonxa, onde tamén hai quén se beneficia desta anarquía. Os furtivos ofertan percebe a prezos irrisorios, polo que a operación é sempre rendible. Como estes maioristas -non todos, quede claro- vénse surtidos por canles furtivos, baixa a competencia en lonxa e o prezo do percebe legal cae en picado, aínda que se regule a oferta. Pero o efecto dominó negativo non remata aquí. Os furtivos tamén fornecen directamente a restaurantes e particulares, o que xera outro importante perxuízo, xa que ao dispor de marisco suficiente para atender a demanda, caen os prezos do maiorista, e éste paga menos aos percebeiros e furtivos.

En consecuencia, o dano é notable e a tódolos niveis. Cada vez precísase capturar máis quilos para gañar o mesmo ou menos. O resultado desta espiral de irracionalidade é a que se está a debater nestas datas. Non hai percebe, dín.

Fíxense nun detalle. Estas catarses percebeiras repítense cada certo tempo, e teñen tanto en común que case se pode predecir a súa evolución, alomenos ata agora. Xermolan sempre en tempos de crise, isto é, cando as rochas están peladas. Entón convócanse reunións nas Confrarías, Federacións e na Consellería de Pesca -agora do Mar-. Deséñanse plans de vixilancia, pídense reforzos, o sector autoimpónse normas estrictas, queren máis controis, etc. Pero en canto empeza a haber algún percebe pronto aparece algún que se esqueceu das normas ou que o día que se quedou en aquilo non foi á reunión. Logo, o outro dille que si ti vas eu tamén, que tí és moi juapo pero juapos somos todos. Así, a solidaridade inquebrantable dos primeiros días vai dando paso ás disidencias, logo ás discusións, e finalmente remata todo. Volta ao caos, que durará ata a seguinte catarse cíclica.

Polo dito teñen que entender que ún, que vai camiño de ser can vello, sexa moi escéptico sobre o futuro do sector percebeiro. Son xa demasiadas as veces que desde a Xunta e desde o sector se fixeron votos firmes de que isto había que amañalo. Pero por "amañalo" deberíase entender algo que vaia máis alá de pedir un paro biolóxico -eufemismo que soa ben pero non é máis cunha veda subvencionada-, porque cobrando agora e volvendo ás mesmas nuns meses non se amaña nada. Sexamos serios. De aí a pregunta: ¿realmente quérese afrontar a problemática do sector?

 

Como me gustaría supoñer que sí, que se quere afrontar, voltarei co tema nuns días.

 
Foto: Tomeina fai tres anos nun sitio ao que volvín fai pouco e, certamente, a pedra está pelada.

Link: http://blogs.lavozdegalicia.es/vamosalargar/2009/05/12/o-percebe-en-augas-turbulentas-i/

 

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera