Publicidad:
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

30 Junio 2009

Medio cento de barcos participarán na campaña do polbo dende o día seis

REDACCIÓN > FERROL

 

Unhas corenta embarcacións participarán a partires do 6 de xullo na campaña do polbo, despois de que a Consellería do Mar anunciase a apertura da veda desde ese día ata o 31 de agosto. En canto ás capturas Mar mantén os mesmos topes que na tempada anterior, con 40 kilos por embarcación e día como máximo.

 

Furtivismo > Por outra parte, o pasado venres, os responsables da Confraría cedeiresa asistiron a unha reunión en Celeiro convocada pola Dirección Xeral de Ordenación Pesqueira, onde o titular da área informou aos patronos e responsables das agrupacións -desde Cedeira ata Ribadeo- os pormenores do Plan de Loita contra o Furtivismo, que xa foi presentado días atrás ós responsables dos pósitos entre Ferrol e A Coruña.

Este plan, que no caso concreto de Cedeira centrarase, aínda que non en exclusividade, nas capturas do percebe, contempla actuacións de operativos integrados por distintos corpos de seguridade, como axentes de vixiancia costeira, a Guardia Civil e Seprona e a Policía Nacional, entre outros.

Como ben se lembrará a ría de Cedeira está catalogada como Reserva Mariña de Interese Pesqueiro, motivo polo cal tamén goza dun sistema de vixiancia activo as 24 horas ao día. Isto non quere dicir que a vixiancia froito deste operativo en contra do furtivismo sexa menor neste espazo, ao contrario, xa que este servizo verase incrementado.

Link: www.diariodeferrol.com

 

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de confrariacedeira

<img src="myfiles/confrariacedeira/Confrarialogo1.jpg"

ver perfil »
contacto »
contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera