Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

12 Agosto 2009

A conselleira do Mar aposta polas reservas mariñas xestionadas con responsabilidade e madurez

A conselleira do Mar comezou a súa rolda de visitas desta semana polas confrarías de Cedeira, Cariño, Espasante, O Barqueiro e O Vicedo

 

Santiago, 12 de agosto de 2009.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, comezou a súa rolda de visitas pola confraría de Cedeira na que se trataron, entre outros temas, o da xestión das reservas mariñas. A responsable do departamento de Mar brindou o apoio da Consellería para o desenvolvemento das dúas reservas mariñas (Lira e Cedeira) que hai en funcionamento na costa galega e que neste momento son unha realidade grazas aos Fondos Europeos da Pesca (FEP).

"Gustaríame que o sector estivera maduro para abordar un tema deste nivel e que comezara por elaborar uns bos plans de xestións", asegurou a conselleira. Rosa Quintana salientou que "hai que ser conscientes de que as nosas rías son moi ricas pero é necesario o respecto medioambiental para facer sustentable a pesca".

A Consellería do Mar entende que estes modelos de xestión impulsados polos FEP deben ir encamiñados cara plans de xestión desenvoltos polos produtores de maneira responsable ata acadaren un modelo que constitúa un exemplo para outras posibles reservas.

Rosa Quintana abordou ademais a modificación do decreto das artes da pesca, unha reivindicación que tamén se tratou durante os encontros. A conselleira anunciou que o Decreto 424/1993 do 17 de decembro polo que se aproba o regulamento da actividade pesqueira das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia vai ser do primeiro que se revise. Neste senso Rosa Quintana lembrou que "estamos vendo as modificacións que se poden facer nos aparellos e tanto biólogos coma técnicos están a facer un seguimento ata ter todas as artes estudadas".

Outros temas
Nas xuntanzas mantidas coas confrarías a conselleira abordou os problemas particulares de cada unha delas. Todos coincidiron en destacar o problema que está a supor o furtivismo e, neste senso, Rosa Quintana destacou a importancia do rol que está a xogar a implantación do Plan de Loita contra o Furtivismo. A titular de Mar salientou que o actual plan posto en marcha o 11 de xuño conxuntamente por Xunta, Forzas de Seguridade e Confrarías está a obter uns resultados satisfactorios, que se darán a coñecer nas vindeiras semanas.

A conselleira continuará mañá coas súas visitas polas confrarías da Mariña lucense.

Link: www.xunta.es

 

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera