«Todo o mundo sabe quen vende marisco en veda»
Entrevista | genaro amigo | Presidente da Federación Provincial de Confrarías
- Autor:
- Cristina Viu
- Fecha
-
28/4/2010
-
O presidente da Federación Provincial de Confrarías, Genaro Amigo, considera que os profesionais do mar non son os principais furtivos, a pesar de que os datos que manexa a Consellería do Mar parece dicir o contrario.
-Os gardacostas comisan de cotío nasas e marisco vedado e parece que todo ilo pertence aos profesionais do mar.
-Si, sempre encontran aos mariñeiros, pero nunca aos 40 ou 50 ras que hai nas Sisargas. Sempre van contra a pesca profesional, pero non se preocupan da deportiva. Se veñen ao porto de Malpica colleran pescadores porque nun sector con tanta xente ten que haber de todo e porque os ras non están no porto precisamente a pesar de que levan sacos e sacos de centola.
-
Genaro Amigo cre que hai que regular mellor a pesca deportiva Autor de la imagen: | CASAL
-¿Collen moitos submarinistas?
-Tamén collen algúns, comisan lanchas e traxes. A min dóeme máis un pescador que un ra.
-Pero o que máis encontran son nasas e esas non se utilizan na pesca deportiva.
-Hoxe en día, que non hai que traer as nasas a terra non é normal que non se traballe de acordo coa lei. Non hai ningún motivo para deixar as nasas sen balizar.
-¿A centola que se comisa non debe ser para comer na casa un día de festa?
-Non son para comer na casa, vendenas a restaurantes, pero se están prohibidas para os profesionais por que deixan que as collan os outros. Hai ras que son de toda a vida e non hai quen os controle. A pesca deportiva debe ser moi bonita, pero teñen que aterse a unhas normas, non poden coller quilos e quilos de peixe. Case collen tanto os da pesca deportiva como os profesionais. Pensa que saen todos os días. Iso non ten ningún sentido porque se a pesca é deportiva, se é un deporte ou unha afección esa persoa ten que ter un oficio e non pode ir ao mar sempre.
-¿É así?
-Si, teñen máis dereitos que un pescador profesional porque tamén van os sábados e domingos e non pasa nada. Un profesional en Galicia traballa entre catro, se vai ao cerco, e cinco días á semana. Despois temos que descansar, pero os da pesca deportiva poden ir sempre, de luns a domingo. Esta é unha actividade que se debería regular, como pasa coa caza ou a pesca nos ríos.
-É evidente que un submarinista que vai tanto ao mar non pode consumir todo o que colle. ¿Véndeo?
-Si, a restaurantes e bares.
-¿Sabe quen ofrece marisco vedado?
-Todo o mundo sabe quen vende marisco en veda. Non hai máis que entrar no restaurante e pedir unha centola ou unha nécora. Seguro que as teñen. Non so o sabe o patrón maior, calquera cidadán o coñece.
-¿Por que non se soluciona? Se ninguén compra ninguén irá ao mar.
-Dis que agora queren controlar aos restaurantes e que lles van poñer multas grandes. Pero é difícil sobre todo agora coa crise. Se un home leva tempo sen traballo onde vai ir. O primeiro que pensa é en ir ao mar. Non ten problema porque compra un traxe de ra que custa 120 euros e xa ten un medio de vida. Sabe que o que colla vai ter unha saída e se ten que manter a unha familia non o vai pensar.
-
Link: www.lavozdegalicia.es
-
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/04/28/0003_8447584.htm
-


