Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

8 Mayo 2010

O sector pesqueiro debate en Santiago os retos da comercialización dos seus produtos

REDACCIÓN > A CORUÑA

 Juan Carlos Maneiro presenta el Encontro Pesqueiro 2010

O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro, presentou onte pola mañá a iniciativa "Encontro Profesional Pesqueiro 2010: retos na comercialización de produtos pesqueiros" , que se celebrará en Santiago próximos martes e mércores.

Axentes implicados no ámbito da comercialización de produtos pesqueiros, produtores, consumidores e representantes da Consellería do Mar analizarán e debatirán a situación actual da cadea de comercialización co obxectivo de facer fronte aos novos retos, identificar accións a desenvolver e garantir a competitividade das explotacións pesqueiras e marisqueiras galegas.

Segundo recalcou Juan Maneiro, o obxectivo deste encontro "obedece a unha das liñas prioritarias da Consellería do Mar, que é a de avanzar no ámbito da comercialización e lograr que as empresas galegas acaden maiores cotas de competitividade". Para iso, segundo explicou o director xeral, os participantes realizarán catro sesións de análise e de debate sobre a presenza do peixe galego na distribución comercial, a perspectiva do consumidor, a panorámica empresarial e asociativa e a actualización da normativa para o mercado pesqueiro galego.

 

Distribución > Na primeira das xornadas, que se celebrarán o próximo martes, trataranse aspectos como novas modalidades de presentación do produto na distribución ou as demandas e criterios de compra do consumidor de produtos do mar . Ao día seguinte abordaranse entre outros temas, a necesidade de novas plataformas de comercialización ou as novidades no próximo decreto galego de pesca para o mercado pesqueiro.

O director xeral explicou que cada un dos temas será debatido en grupos compostos por expertos do tema a tratar e de representantes das asociacións vinculadas á comercialización de produtos pesqueiros e interesadas en aportar as súas propostas.

Os grupos clasificaranse en Pesca de Altura, Pesca de Baixura e Marisqueo. Neste sentido, o responsable de Competitividade e Innovación Tecnolóxica salientou que a Consellería "pretende avanzar na comercialización de produtos pesqueiros da man do sector e dos axentes implicados" e engadiu que "non só se trata de pescar, senón tamén de vender mellor".

 

Debate na rede > Como complemento ao encontro, o debate dos retos na comercialización de produtos pesqueiros tamén se encontra na rede. Os interesados en participar poden facelo a través da web http://www.encontroprofesionalpesqueiro.com A páxina tamén servirá para convocar aos axentes relacionados co mercado de comercialización de produtos pesqueiros de Galicia. Unha vez rematadas as xornadas, a web recollerá os seus resultados.

Ademais o director xeral lembrou que a Consellería do Mar desenvolve outras medidas para potenciar a comercialización como a asistencia a feiras nacionais e internacionais, campañas de promoción de apoio á pesca artesanal, de consumo de peixe entre o público infantil.

Por outra banda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana resaltou que a trazabilidade é un elemento fundamental para o sector pesqueiro e para que o consumidor poida elixir o produto. Neste sentido, anunciou que a intención do encontro é que os expertos "nos indiquen que aspectos temos que mellorar para aportar máis valor aos nosos produtos".

A titular de Mar salientou ademais a posta en marcha dun proxecto piloto para fomentar o consumo de peixe galego entre os nenos.

Link: www.diariodeferrol.com

 

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera