Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

29 Diciembre 2010

A Consellería crea unha mesa de traballo cos arrastreiros

Rosa Quintana dialogará co sector para, xuntos, presionar a UE co obxectivo de que dite unha excepción á rebaixa de cota de captura de lirio

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, avanzou onte que a Xunta creará unha mesa de traballo co sector do arrastre para achegar solucións ante Bruxelas en relación coa redución das cotas das distintas especies de peixe que afectan a este sector. A conselleira fixo estas declaracións tras a xuntanza que mantivo coas principais asociacións representantes do arrastre e explicou que con este grupo de traballo o que se pretende é "propoñer unha excepción para a pesca no 2011 e as maneiras de enfocar a pesca dun sector primordial para Galicia".

A conselleira Rosa Quintana, reunida cos representantes das principais asociacións galegas do arrastre, onte
FOTO: xoán crespo

Segundo adiantou Rosa Quintana, a mesa de traballo estará composta por representantes da Administración e do sector de arrastre e engadiu que se dirixirá á secretaria xeral do Mar do Ministerio, Alicia Villauriz "para solicitar a súa colaboración e facer chegar as demandas do sector a Bruxelas". Ademais a titular de Mar insistiu en que este é o camiño para buscar a viabilidade das empresas galegas, o cal, segundo apuntou "non se soluciona coas subvencións por amarre".

Cuestionada pola posibilidade de subvencionar o amarre da frota, Quintana remarcou que "os paros subvencionados non son a solución ó problema", posto que, desta maneira, "soluciónaslles a vida ós armadores", pero o cesamento da actividade ten unha repercusión negativa sobre as empresas de comercialización do produto.

A conselleira Quintana destacou a súa preocupación e a do sector pola forte redución das cotas do lirio, que pasaría dunha cota de 29.000 toneladas no 2010 a 1.000 para o 2011. Neste sentido ofreceu a súa disposición de poñer observadores nos buques galegos para "demostrar que o lirio está en mellores condicións das que plantea a Unión Europea".

Rosa Quintana mantivo un encontro de máis dunha hora e media (uns 30 minutos por encima do previsto) cun total de nove asociacións. En concreto, á cita no complexo administrativo de San Caetano acudiron representantes de OPP 07 de Lugo, Asociación de armadores de Marín, Arpesco, Pescagalicia-Arpega-Obarco, Asociación de armadores de Ribeira, Cooperativa do Mar Santa Eugenia, Arposur, Porto de Celeiro e OPP 31.

Link: www.galiciahoxe.com

 

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera