Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

18 Enero 2011

Mariscadores recorren a fin do seguro colectivo de accidentes do mar pola Xunta

A Asociación Galega de Mariscadores (Agamar) anunciou onte que presentará un recurso para impedir a pretensión da Consellería do Mar de eliminar o seguro colectivo de accidentes no mar, que beneficiaba a máis de 30.000 persoas en Galicia. Nun comunicado, a entidade sinalou que, en novembro do ano pasado, Mar renunciou á contratación dese servizo para profesionais pertencentes aos colectivos de armadores e tripulantes de buques de baixura, mariscadores, persoal de Protección Civil, Cruz Vermella e outras entidades que participan en estes rescates, alegando "a situación de crise económica, por baixada de ingresos" da Xunta.

Segundo Agamar, a Consellería do Mar e o Goberno galego "seguen deixando sen cobertura a tales colectivos" sen que ese seguro se substitúa "por outro colectivo de igual ou similar protección pública para todos os afectados". Ante esta situación, a asociación de mariscadores galegos cualificou o recorte de prestacións pretendido polo Executivo autonómico como "ilegal" e "perverso".

Anteriormente, Mar desestimara un recurso de Agamar contra a eliminación dese seguro argumentando que a entidade non ostenta "interese directo" e a "lexitimación oportuna", co obxectivo de "escusarse no descoñecemento de que Agamar é unha asociación destinada á incondicional defensa e protección dos dereitos dos mariñeiros, mariscadores e profesionais do sector extractivo".

 

DEFENSA DO SECTOR

Así mesmo, Agamar defendeu nun comunicado que "recorreu en multitude de ocasións non só decretos, ordes e normas emanadas da propia Consellería do Mar, senón ata representando, asesorando e defendendo nos tribunais os dereitos e intereses de miles de asociados contra as decisións prexudiciais que partiron da propia Administración galega e que pertencen ás Confrarías de Pescadores de Galicia ou a colectivos tutelados pola propia Consellería do Mar".

Link: www.xornal.com

 

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera