Publicidad:
Terra
La Coctelera

Confraría de Pescadores de Cedeira. Toda a información sobre das actuacións desta confraría,o tempo, aperturas percebe, marisqueo, cursos, información en xeral etc..

22 Julio 2011

A marcha de Álvarez-Campana

A confirmación da marcha de José Manuel Álvarez-Campana da presidencia de Portos de Galicia mostra tanto unha intención de cambio nunha entidade moi polémica nos últimos tempos como unha busca de tranquilidade no seo do Partido Popular. E é que o anuncio da súa saída do ente público foi seguida de varios cambios encadeados, incluído o paso do propio Álvarez-Campana ao equipo de Diego Calvo na Deputación da Coruña.

A estancia do presidente de Portos estivo acompañada por decisións moi conflitivas das que, nalgunha ocasión, o dirixente saíu con bo pé e, noutras quedou enlamado pola polémica. Do primeiro caso é bo exemplo a intención do ente de construír unha goleta de época que custaría máis de dous millóns de euros. Álvarez-Campana acabou dando marcha atrás, co que demostrou que tamén sabe ter bo encaixe e recoñecer os seus erros. No entanto, o seu nome está tamén vinculado a asuntos máis espiñentos, como a operación Orquesta, na que varios imputados o mencionan sinalando a consecución dun contrato a dedo por parte de Portos de Galicia. Outras polémicas sonadas foron a da tardanza na aplicación da sentencia que obriga a revocar a concesión do porto deportivo de Sada outorgada polo agora alcalde da Coruña Carlos Negreira, a piscifactoría de Rinlo denunciada polos ecoloxistas por suposta prevaricación medioambiental e urbanística, ou a intención de Álvarez-Campana de gastar 200.000 euros en facer unha sorte de porto no Río Limia, á altura de Xinzo.

Porén, hai outras lecturas da marcha do presidente de Portos. E é que coa súa substitución por José Juan Durán Hermida, o PP realiza axustes en Pontevedra situando na entidade a un cargo de confianza do presidente da Deputación, Rafael Louzán.

Sen dúbida, é preciso que este cambio acabe por redundar nunha boa xestión deste organismo autonómico, máis aló das polémicas ou das leas no seo da formación popular.

Link: www.xornal.com

 

servido por confrariacedeira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

contador de visitas
contador de visitas
relojes web gratis

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera